Benvidos a ASBIGA!

 

bandera-espana  bandera-portugal  unnamed

 

ASBIGA (Asociación Bipolar de Galicia) é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 2003 por un grupo de persoas afectadas polo trastorno afectivo bipolar. A asociación está aberta ás persoas diagnosticadas e ós seus achegados, pero tamén ós profesionais da saúde mental e a calquera persoa interesada nos servizos sociosanitarios.

Nesta páxina podes atopar información sobre qué é o trastorno bipolar, qué ofrece a nosa asociación e enlaces de interés entre outras cousas. Podes visitar tamén o noso Blog, no que publicamos información recente do trastorno e da asociación.

Se tes dúbidas tamén podes contactarnos cos datos que te facilitamos abaixo:

Contacto

 

Financiamento

ASBIGA mantense coas cotas das persoas asociadas (actualmente 50 € ó ano, ver apartado sobre domiciliacións), os ingresos por actividades (por exemplo, os cursos) e por subvencións. Para aquelas persoas que desexen realizar un donativo, esta é a conta de ASBIGA (CIF G15901564) en Triodos Bank:

  • IBAN: ES35-1491-0001-21-2178591927