Interaccións entre cítricos e fármacos de uso psiquiátrico

Se lemos ben os prospectos, encontrarémo-la curiosa advertencia. Non é unha novidade científica. Por exemplo, a revista Puleva Salud publicou en abril do 2011 un artigo de María del Carmen Moreu Burgos baixo o título “Interacción del zumo de pomelo con ciertos medicamentos”. Entre as varias decenas de fármacos que sinala o artigo están varias estatinas (moi usadas para reduci-lo nivel de colesterol no sangue) e, o que máis nos interesa aquí, varios medicamentos de uso psiquiátrico.

Hai un problema engadido, lingüístico e cultural. En inglés a froita sinalada como principal responsable das interaccións é a “grapefruit” (Citrus x paradisi), que en español sería “pomelo” ou “toronja”. Pero en inglés “pomelo” é a froita da Citrus maxima ou Citrus grandis, que en español é “pampelmusa”, “cimboa” ou, tamén, “pomelo”. Pois ben, segundo un recente artigo, deberían evitarse estas dúas froitas en combinación con certos fármacos, e habería que engadir á lista a “Seville orange” (Citrus x aurantium) e a “lime” (hai moitas especies de limas, creo que se refire á “lima ácida”, Citrus x aurantifolia). Parece que, polo menos, as laranxas doces “de toda a vida” (Citrus x sinensis) son seguras… 🙂

Combinando varias fontes de información, entre elas recentes artigos científicos e a lista que aparece na Wikipedia, debemos advertir do risco de intoxicación (que pode ser severa e incluso mortal), se consumimos estes cítricos mentras nos medicamos con:

En caso de dúbida, acudide ás mellores fontes de información: lede o prospecto e consultade co voso especialista.

Artigos relacionados:

Esta entrada foi publicada en Medicación. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará