Domiciliacións

Como sabedes, as subvencións (Xunta, Deputacións, etcétera) soen cobrarse despois de realiza-las actividades. Mentras non chegan eses cartos, hai gastos que non poden esperar, como a Seguridade Social e o teléfono. Por iso pedimos ós socios que domicilien o pago das cotas (para o ano 2017, 50 € para afectados e 25€ para acompañantes, se acoden ambos ás actividades).

Facilitaremos formularios en papel nas próximas reunións dos grupos de axuda mutua. Tamén podedes descargalos no voso computador, cubrilos, asinalos e envialos por algunha persoa ós grupos de axuda mutua, ou por correo á nosa oficina (Casa das Asociacións de Benestar Social; rúa Manuel María, 6; 15705 Santiago de Compostela):

Para aquelas persoas que non poidan domicilia-la súa cota, ou queiran realizar un donativo, esta é a conta de ASBIGA en Novagalicia Banco:

  • 2080-0300-85-3040141047

Se algún socio, por último, está nunha situación que lle impide paga-la cota, pode comunicalo á Xunta Directiva (a través da psicóloga, se o prefire). A súa circunstancia será tratada coa máxima confidencialidade.

Acerca de asbiga

asbiga@asbiga.org Tf: 675939716 Séguenos en facebook: https://www.facebook.com/ASBIGA Tamen en INSTAGRAM @AsbigaGalicia
Esta entrada foi publicada en ASBIGA. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará