ASBIGA vai organizar un obradoiro sobre “Habilidades de comunicación nas relacións sociais”, que será impartido por Isabel Pena Baliñas, ex-psicóloga de ASBIGA. O principal obxectivo do obradoiro é dotar ós participantes de coñecementos e habilidades que lles permitan mellora-la comunicación nas súas relacións interpersoais. Podedes descargar desde aquí o programa completo do obradoiro.
- Datas: sábado 16 e sábado 23 de febreiro do 2013 (en horario de 10:15 a 13:45).
- Lugar: Centro Cívico de Monelos (A Coruña, a carón do Mercado de Elviña).
- Gratuíto para socios de ASBIGA.
- Número de prazas: 12, a cubrir por orde de inscrición.
Se queredes participar no obradoiro, podedes enviar un correo electrónico a asbiga@asbiga.org ou chamar ó teléfono da asociación (646 10 77 13). Deixade unha mensaxe de voz se salta o contestador automático.