“La muerte silenciada: suicidio, el último tabú” (documental)

Traemos hoxe outro documental, emitido no programa “Documentos TV” do pasado 17 de febreiro. Está accesible na páxina web de “RTVE a la carta” co título “La muerte silenciada: suicidio, el último tabú” e tamén en YouTube:

Cada ano, en España, quítanse a vida arredor de tres mil cincocentas persoas: xa é a primeira causa de morte violenta. Esta realidade silénciase por varios motivos, entre eles o medo ó “efecto chamada” ou “efecto imitación” que poden ter algunhas noticias no público. O documental recolle testemuños de pacientes, familiares, psiquiatras e outros expertos, que avogan por darlle voz ó suicidio para combate-las súas causas.

Porque hoxe sabemos que falar das ideas de morte (os pacientes) e escoitar (as familias) son pasos fundamentais para a prevención do suicidio, prevención que debemos completar pedindo axuda ós especialistas en saúde mental (psiquiatras e psicólogos, principalmente). Varios centros sanitarios puxeron a andar programas de prevención e seguimento con pacientes que intentaran suicidarse, chegando a reducir nun trinta por cento as recaídas.

Acerca de asbiga

asbiga@asbiga.org Tf: 675939716 Séguenos en facebook: https://www.facebook.com/ASBIGA Tamen en INSTAGRAM @AsbigaGalicia
Esta entrada foi publicada en Suicidio. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará