Hoxe sumámonos á condolencia que nos transmiten, entre outras, as bisbarras das Mariñas, Betanzos, Bergantiños e Fisterra. O motivo: morreu o avogado e sindicalista José Luis Muruzábal Arlegui, un exemplo de como, sen ser afectado, se pode encabezar durante décadas unha loita pola dignidade e calidade de vida das persoas con enfermidades mentais.
Muruzábal era presidente de APEM, asociación pro enfermos mentais con centros na Coruña, Cambre, Betanzos, Carballo e Cee. APEM está federada, xunto con outras asociacións deste ámbito, en FEAFES Galicia.