Congreso Internacional sobre Patoloxía Dual (Barcelona, do 23 ó 26 de outubro)

Hoxe queremos anunciar un evento moi interesante para os especialistas en saúde mental: a SEPD (Sociedad Española de Patología Dual) está a organiza-lo III Congreso Internacional sobre Patoloxía Dual, que se celebrará en Barcelona do 23 ó 26 de outubro.

En saúde mental falan de patoloxía dual (en inglés dual diagnosis, co-occurring disorders, dual disorder) cando un paciente presenta, de forma simultánea, unha adicción (con substancia, como no alcoholismo, ou sen ela, como na ludopatía) e outro trastorno mental.

A patoloxía dual trata cun subconxunto peculiar de entre as posibles comorbilidades psiquiátricas. Estas comorbilidades requiren abordaxes específicas pola súa gravidade, pola súa frecuencia e polas dificultades no seu diagnóstico (un trastorno pode ocultar outro) e no seu tratamento (interaccións e incumprimento terapéutico).

Esta entrada foi publicada en Abuso de substancias e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará