PSICOEDUCACION

Todos os anos ofrecemos os cursos de psicoeducación. Este ano imolos ofrecer na cidade da Coruña e en Vigo. Serán 6 sesións de dúas horas e media cada día. Alternaranse cos Grupos de Axuda Mutua sendo en Coruña os martes pola tarde e en Vigo os venres pola tarde.

Este ano como novidade será gratuito para os socios numerarios de ASBIGA e ofrecemos cuota reducida para os estudantes que queran formarse (ademáis de darlles un certificado de asistencia para o currículum).  Tedes ata o 10 de setembro para inscribirvos.

CARTEIS:

Taller psicoeducacion Coruña

Taller psicoeducacion Vigo

 

Publicado en ASBIGA | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

Queres coñecer a ASBIGA?

Atopaches a nosa páxina pero non te decides a coñecernos? Temos a mellor oportunidade para facelo!

O próximo Domingo día 3 de Xullo organizamos unha quedada en Santiago de Compostela no parque de Galeras.

Se tes algún familiar, eres afectado ou simplemente tes interese pola Asociación e o que facemos, o mellor ista é a túa oportunidade para dar o paso e coñecernos.

Se queres máis información non dubides en contactarnos!!

lagranquedada

Publicado en ASBIGA | Etiquetado , , , , , , , | Deixa un comentario

Recomendamos libro: A antesala luminosa – Antonio Tizón

XG00212501Hoxe queremos recomendarvos un libro chamado “A antesala luminosa” do escritor Galego Antonio Tizón. O protagonista (Gustavo) ten diagnosticado trastorno bipolar y na novela conta a historia dende dous puntos de vista distintos. Lése axiña e engancha dende o primeiro momento:

O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo… presiden unha das historias; a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno –a loucura– como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.

Podedes visitar tamén os seguintes ligazóns para máis información:

http://www.xerais.es/libro.php?id=3546592

http://blog.xerais.gal/2015/novela-con-moitos-significados-profunda-e-divertida-a-antesala-luminosa-de-antonio-tizon-texto-de-jesus-cubillo/ no que lle fan una boa crítica.

Publicado en Libros | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Entrevista no Correo Galego


Como moitos sabedes, o día 30 de marzo foi o día mundial do trastorno bipolar.

Dende a Asociación tivemos o pracer de ser convidados a unha entrevista para o correo galego. Adxuntovos á mesma. Nós quedamos moi contentos xa que foi unha entrevista moi amena e distinta a outras. Esperamos que vos guste!

                          –> Podes descargalo en formato PDF no link de abaixo.

periodico asbiga

Asbiga Entrevista


 

Publicado en ASBIGA | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario