Grupos de Axuda Mutua

Periodicamente, a asociación organiza cursos de psicoeducación, e na actualidade mantén tres grupos de axuda mutua (GAM) nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. As persoas interesadas en acudir ós GAM deberán facer primeiro unha entrevista cun psicólogo de ASBIGA (para concertala, chamade ó teléfono da asociación). As reunións soen facerse pola tarde nas datas e lugares que se ven a continuación:

  • Santiago de Compostela: 1º e 3º xoves, no Centro Sociocultural das Fontiñas (rúa Berlín).

  • Coruña: 2º e 4º martes, no Centro Cívico de Monelos (detrás do mercado de Elviña).

  • Vigo: 2º e 4º venres, no Centro Cívico do Casco Vello (rúa Oliva).