ASBIGA foi convidada a falar do trastorno bipolar no curso de formación “Voluntariado en Saúde Mental” que terá lugar na Universidade de Santiago de Compostela entre o 22 de febreiro e o 2 de marzo do 2013. No curso está previsto que participen outras asociacións como Itínera, Xaruma, TP-Galicia, Fonte da Virxe, Andaina e FEAFES Galicia.
Tamén está prevista a colaboración de profesionais como:
- Carlos Álvarez García (psicólogo clínico no CHUS)
- Luis Ferrer i Balsebre (coordinador de Psiquiatría no CHUS)
- Ramón Area Carracedo (psiquiatra no Hospital Psiquiátrico de Conxo)
- Ramón Ramos Ríos (psiquiatra no Hospital Psiquiátrico de Conxo)
Programa do curso:
Cartel do curso: