Convocada a asemblea xeral ordinaria de ASBIGA

Convocouse a asemblea xeral ordinaria de ASBIGA. Terá lugar na mañá do sábado 29 de xuño en Santiago de Compostela, concretamente no Centro Socio-Cultural das Fontiñas. Falaremos, entre outras cousas, das contas do exercicio 2012, dos orzamentos para o exercicio 2013 e do correspondente plan de actividades.

Os socios han recibi-la convocatoria por correo electrónico. Se alguén non a recibe, que se poña en contacto connosco por e-mail (asbiga@asbiga.org) ou por teléfono (646 10 77 13).

Enderezo do Centro Socio-Cultural das Fontiñas: rúa Berlín, 13 (15707 Santiago de Compostela). Coordenadas: 42.884, -8.5312 (as coordenadas poden usarse, por exemplo, nun navegador GPS e en servizos de internet como OpenStreetMap, Google Maps ou Bing Maps).

Acerca de asbiga

asbiga@asbiga.org Tf: 675939716 Séguenos en facebook: https://www.facebook.com/ASBIGA Tamen en INSTAGRAM @AsbigaGalicia
Esta entrada foi publicada en ASBIGA. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará