Psicoeducación

CURSOS PSICOEDUCACION SETEMBRO – NOVEMBRO (INSCRICION PECHADA PARA ESTE ANO)

  • A Coruña: 13.09 / 27.09 /4.10 / 18.10 / 8.11 / 22.11  –> 6 sesions os martes pola tarde no Centro Cívico de Monelos de 18:00 á 20:30 (2h 30min)
  • Cartel: taller psicoeducacion Coruña
  • Vigo: 16.09 / 30.09 / 7.10 / 21.10 / 4.11 / 18.11 –> 6 sesión os venres pola tarde no Centro Civico do Casco Vello de 17:30 á 20:00 (2h 30min)
  • Cartel: taller psicoeducacion Vigo

A psicoeducación é a educación formal, teórica e práctica, dirixida ós pacientes e ós seus achegados para que coñezan mellor a enfermidade e o seu tratamento, así como as habilidades cognitivas e conductuais que lles axudarán a normaliza-la súa vida cotidiana. O máis recomendable é que os cursos de psicoeducación os impartan profesionais da saúde (médicos, psicólogos, enfermeiros, etcétera) e que se fagan en pequenos grupos.

No caso do trastorno afectivo bipolar aconséllase que os pacientes leven varios meses en eutimia (sen episodios de manía ou depresión). Está comprobado que a psicoeducación, xunto co imprescindible tratamento farmacolóxico, prevén as recaídas nunha porcentaxe significativa.

Beneficios da psicoeducación:

  • informa dos hábitos de vida saudables e daqueles que deben evitarse
  • desenvolve recursos metacognitivos e habilidades conductuais para manexa-los síntomas da enfermidade
  • contribúe a acepta-lo diagnóstico e a refuga-los estereotipos que o estigmatizan
  • fomenta a adherencia ó tratamento, e isto é fundamental, porque o abandono provoca recaídas