Search on this blog

Search on this blog

Este documental mostra a situación de miles de africanos, excluídos por seren considerados enfermos mentais. Algúns son esquizofrénicos graves, outros simples epilépticos. Homes, mulleres e nenos encadeados, moitas veces á intemperie, privados de atención sanitaria e mesmo de alimento, maltratados fisicamente, abandonados polas súas propias familias.

Como contraste, a impresionante historia dun home, Grégoire Ahongbonon, que pasou de amañar neumáticos a rescatar das cadeas, curar e reinsertar na sociedade a moitos deses enfermos na Costa do Marfil e no Benín.

http://www.youtube.com/watch?&v=OAVo2O06qVc

asbiga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *