Desde ASBIGA non só nos interesa axudar ás persoas con trastorno Bipolar e aos seus familiares. A nosa Asociación é unha asociación solidaria con calquera persoa o grupo que teña necesidades.
Neste caso queremos comentar a acción proposta no Grupo de Axuda Mutua de Coruña e que a partir de agora vai a colaborar ASBIGA. Trátase dos tapons solidarios.
Seguramente moitos de vós habéis escoitado da recollida de tapons. A finalidade é axudar a nenos con problemas de saúde (por exemplo parálise cerebral) a que se poidan financiar tratamentos, operacións, material etc.
A forma de axudar é moi sinxela. Só detes que reunir os tapóns das distintas bebidas ou deterxentes que atopedes na casa, na rúa ou no voso traballo e xuntalos. Despois tedes dúas opcións, contactades con nós para quedar e recollelos ou os levades ao punto máis cercano (normalmente en todas as facultades, centros e incluso algún supermercados). Non vos custa cartos e axudades por unha banda aos nenos e por outra ao medio ambiente, xa que estes tapóns recíclanse e se usan por exemplo para facer o chan (suelo) dos parques infantís.
Recoller os tapons e fácil, hoxe de feito, de camino ao despacho atopei 3 na rúa xa que moita xente os tira.
Nos grupos de axuda mutua iremos recollendo os tapóns e doandoos para os nenos que o necesiten. Xa temos o caso de un rapaz coñecido de unha socia á que lle axudaron con eles.
Non o pensedes máis e axudade!