Saúde mental, vivenda e protección xurídica (xornada organizada por FEAFES)

FEAFES Galicia organiza a xornada “Alternativas de futuro innovadoras en saúde mental: vivendas e novas medidas de protección xurídica” o vindeiro 21 de marzo en Santiago de Compostela, concretamente na Escola Galega de Administración Pública. Para saber máis ou inscribirvos, poñédevos en contacto con FEAFES Galicia no teléfono 900 102 661.

O programa da xornada pode verse na seguinte imaxe:

programa da xornada

Nas mesas redondas poderanse coñecer modelos interesantes, como o da Fundación Pública Andaluza para la Integración Social de Personas con Enfermedad Mental (FAISEM). Para ter unha idea do traballo da FAISEM, podedes ve-lo vídeo titulado “Sueño igual que tú”.

Esta entrada foi publicada en Direitos Humanos, FEAFES. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará