Curso de psicoeducación na Coruña con Maribel Otero Freire

ASBIGA organiza un curso de psicoeducación dirixido principalmente a persoas diagnosticadas de trastorno afectivo bipolar. O curso terá lugar na Coruña, concretamente no Centro Cívico de Monelos (a carón do Mercado Municipal de Elviña) e ocupará as mañás de oito sábados entre o 13 de abril e o 15 de xuño (catro sábados seguidos, dous de descanso e outros catro seguidos). Impartirá o curso a actual psicóloga de ASBIGA, Maribel Otero Freire.

Para vos inscribir, falade con Maribel nos grupos de axuda mutua, chamade ó teléfono de ASBIGA (646 10 77 13) ou escribide ó correo asbiga@asbiga.org. De superarse o número máximo de prazas, terán preferencia os socios de ASBIGA, e entre estes, aqueles que non teñan asistido anteriormente a un curso de psicoeducación.

Datas: 13, 20 e 27 de abril; 4 e 25 de maio; 1, 8 e 15 de xuño.

Horario: 10:30 – 13:30.

Prezo: 20 € para socios que estean ó corrente no pago da súa cota ou teñan esta domiciliada. 50 € para o resto. O pago pode facerse en man, no propio curso. Tamén pode pagarse mediante ingreso ou transferencia á conta que ten ASBIGA en Novagalicia Banco (2080-0300-85-3040141047), facendo constar nome, apelidos e o concepto “psicoeducación”.

Acerca de asbiga

asbiga@asbiga.org Tf: 675939716 Séguenos en facebook: https://www.facebook.com/ASBIGA Tamen en INSTAGRAM @AsbigaGalicia
Esta entrada foi publicada en ASBIGA, Psicoeducación. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará